O Concello de Sober convoca tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para o verán 2026 co obxectivo de impulsar o crecemento cultural a nivel internacional, fomentar o estudo e facilitar o desenvolvemento persoal de tres persoas, que poderán asistir de maneira gratuíta ao Taller de Verán que La Plantación organiza na disciplina de fotografía do 12 ao 17 de xullo co recoñecido fotógrafo Antoine D’Agata.
Que son as bolsas ‘Pintor de Castinandi’?
Son formacións culturais internacionais, destinadas a persoas de ata 40 anos, promovidas e patrocinadas polo Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural La Plantación. Encontros y Conocimiento, a través de Talleres de Verán. Nesta ocasión cada bolsa ten un valor de 895€.
La Plantación. Encuentros y Conocimiento é un proxecto cultural feito desde Galicia, onde se cultivan e comparten experiencias ao redor de distintas artes. O método de traballo consiste en propoñer encontros abertos entre un autor e calquera persoa que estea interesada (profesional e non profesional) co obxectivo de reflexionar sobre proxectos e intereses creativos.
Mediante esta convocatoria, o Concello de Sober busca a tres persoas con inquietudes artísticas e culturais e coa necesidade de seguir formándose que posúa un destes perfís:
1 Ata 40 anos.
2 Estudantes en activo matriculados actualmente nuns estudos próximos á fotografía.
3 Titulados en estudos relacionados coa fotografía.
4 Outras persoas relacionada coa arte.
As persoas interesadas han de presentar unha carta de motivación, onde indicarán porqué quere facer o taller, como cren que poderán aproveitalo nun futuro, etc. Tamén han de enviar unha mostra do seu traballo fotográfico persoal (dossier).
As solicitudes presentadas serán avaliadas por un comité e as ideas rexistradas permanecerán en todo momento baixo a propiedade intelectual das persoas participantes.
Requisitos:
- Dirixida a persoas de ata 40 anos, interesadas en ampliar a súa formación.
- Carta de motivación e dossier.
- A participación e recepción dos proxectos estará aberta desde o día 11 de maio de 2026 ás 00:00 horas, ao día 25 de maio de 2026 ás 23:59 horas (hora de España). As datas son improrrogables. Unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes, enviarase un e-mail de confirmación ao participante. Se o recibe, significa que a participación chegou correctamente e que cumpre os requisitos esixidos.
- Enviar a: info@laplantacion.info un cartafol en PDF con nome e apelidos. Exemplo: Ana García.pdf.
Ha de conter:
4.1 Carta de motivación (motivo polo cal se solicita a bolsa).
4.2 Dossier co traballo persoal, que inclúa ademais estes datos persoais: Nome completo e número de teléfono.
4.3 Fotocopia do DNI (por ambas as caras) ou Pasaporte.
- A persoa gañadora da bolsa, deberá ter dispoñibilidade para participar durante seis días de formación experiencial, totalmente presencial (no taller de verán para o que solicita a bolsa, devandito taller levará a cabo na “Casa Grande de Rosende”. Rosende, Sober, (o taller inclúe manutención en pensión completa. Os desprazamentos ata o lugar onde leva a cabo o taller son a cargo da persoa bolseira).
Podes atopar máis información do Taller de Verán na seguinte ligazón:
Taller de Verán de fotografía con ANTOINE D’AGATA. Do 12 ao 17de Xullo “Al límite del acto fotográfico”.
https://laplantacion.info/antoine-dagata-taller-de-verano-julio-2026/
Fallo do comité:
O día 11 de xullo levarse a cabo a fase de lectura, análise e valoración dos proxectos, tendo en conta os requisitos anteriores. A avaliación será a cargo dun comité formado por dous representantes, un do Concello de Sober e outro da Plantación.
O fallo do xurado notificarase a través do correo electrónico á persoa gañadora da bolsa ao longo do día 28 de maio de 2026.



Leave a Reply