O Concello de Sober colabora coa Asociación Magos Solidarios nunha gala de maxia solidaria en beneficio dos afectados polos incendios do ano 2025. A cita terá lugar o vindeiro 19 de xullo ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Sober e será de acceso libre para quen queira achegarse.
A Asociación Magos Solidarios é unha iniciativa nacida tras a DINA de Valencia acontecida en novembro de 2024 e pretende levar espectáculos de maxia e ilusionismo a colectivos e municipios afectados por desastres naturais ou catástrofes. Desde o seu comezo xa teñen organizado máis de 60 galas.
O Concello de Sober será a primeira parada da xira ‘La magia que renace’ na que van actuar tres magos. Os días sucesivos percorrerá varios municipios máis de Galicia, algúns deles na provincia de Ourense e tamén en León. O alcalde, Luis Fernández Guitián, agarda que os veciños e veciñas das aldeas afectadas polo lume do ano pasado asistan á gala como unha homenaxe aos duros momentos que tiveron que vivir.
A maxia, un acto de xenerosidade
O obxectivo, tal e como explican desde a asociación, é ofrecer momentos de alivio, unión e esperanza alí onde más se necesitan. “En Magos Solidarios convertemos a maxia nun acto de xenerosidade”.
A misión coa que nace a iniciativa é a de levar ilusión e esperanza aos que máis o precisan, realizando espectáculos solidarios con concellos, fundacións e outras institucións. A través da arte recadan fondos destinados a colectivos vulnerables e persoas damnificadas por catástrofes.
Desde xeito, tamén están a recadar axuda para as persoas damnificadas polos terremotos de Venezuela. As persoas interesadas en colaborar poden facelo nas propias galas a través de donativos ou da súa páxina web www.magossolidarios.com

Leave a Reply