O Concello de Sober vén de abrir o prazo para solicitar as axudas para libros e material escolar e pagamento dos gastos de matrícula do alumnado de Educación Infantil (2º Ciclo) e de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, estudantes de Secundaria e ciclos de FP, BAC e universitarios do Concello de Sober.
Requisitos
1.Que a persoa solicitante así como os/as menores beneficiarios/as da mesma, se encontren empadroados e residan efectivamente no Concello de Sober.
2.Ter fillas/os cursando estudios de Educación Infantil (3 a 5 anos), Educación Primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme no curso 2026/2027.
3.Estar cursando estudios de secundaria, ciclos de FP, BAC ou universitarios no curso 2026/2027.
As axudas serán dun máximo de 100 euros por cada fillo que estea cursando estudios de Educación Infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos ou Primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme no curso 2026/2027; dun máximo de 125 euros por alumno que estea cursando estudios de secundaria, ciclos de FP ou BAC no curso académico 2026/2027 ou dun máximo de 250 euros por alumno que estea cursando estudios universitarios no curso académico 2026/2027.
Prazo para presentar as solicitudes
As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de outubro no departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres ou a través da sede electrónica do Concello de Sober (concellodesober.sedelectronica.gal).
