Creada no ano 1994, a Biblioteca Pública Municipal (BPM) do Concello de Sober atópase situada no centro da capitalidade, na primeira planta do Edificio Sociocultural. Distribuída en dous espazos: infantil/xuvenil e adultos. Conta ademais cunha zona con ordenadores de uso público.
A biblioteca está integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e será necesario un carné, totalmente gratuíto, para utilizar aqueles servizos que necesiten unha identificación, por exemplo o préstamo de libros, revistas ou películas. Carné da biblioteca | Rede de Bibliotecas de Galicia
A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia pon á súa disposición dúas aplicacións móbiles coas que pode acceder aos servizos da rede desde o seu teléfono móbil ou tablet: app da Rede de Bibliotecas de Galicia e app eBiblio-Galicia.
Horario da biblioteca:
Inverno: Luns de 16:00 a 20:00 h | martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h | sábados de 11:00 a 13:00 h.
Verán: Luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Servizos:
*Accesible a persoas con discapacidade física.
*Consulta do catálogo de fondos bibliográficos: Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia | Rede de Bibliotecas de Galicia
*Consulta pública e gratuíta de internet; toda a biblioteca é unha zona wifi.
*Formación de usuarios.
*Información bibliográfica.
*Lectura e consulta en sala.
*Préstamo.
*Actividades de promoción da lectura e actividades culturais.
Neste apartado destacamos a programación anual destinada aos diferentes colectivos do noso municipio:
- Actividades de dinamización incluídas no Club de lectura Pintor de Castinandepara público adulto.
- Obradoiros e charlas que se realizan no “Faladoiro dos luns”.
- En relación aos nenos e nenas, existe unha programación anual denominada “Merendas con Contos”, que comprende unha serie de actividades encamiñadas á promoción da lectura.
- No verán, o Concello organiza un campamento para nenos e nenas entre 4 e 12 anos.
Todas estas actividades están recollidas no noso blog: https://bibliotecapublicasober.blogspot.com/, no noso Instagram @bibliotecasober ou nas redes sociais do Concello de Sober.
Centro Sociocultural – Praza do Concello s/n
biblioteca@concellodesober.com
Teléfono: 982 460 414
Fax: 982 460 002






