- PARISHES -

Amandi is renowned not only for its vineyards but also for lending its name to the wine designation of origin covering eight parishes in the southeast of the municipality.

Furthermore, this parish is the seat of the archpriesthood, and it is prominent for its historical significance as one of the sixty jurisdictions of the ancient Kingdom of Galicia.

According to a document dating back to 842, the Monastery of Santa María de Amandi stood on this site, near the river, until its destruction by Ishmaelites raids. The current church is built upon those original foundations.

This parish is of remarkable scenic beauty, overlooking banks of the Sil and Cabe rivers and marking their confluence at the place where these two rivers meet known as A Barca.

Another highlight of the local landscape is the Portizó stream, which historically powered numerous watermills and, until recently, some of them remained in use by the parish residents.

Local tradition holds that once it was a priory at Portizó, today, only a house remains bearing an inscription from 1669.

This parish is the birthplace of the renowned late-18th-century painter Juan Bernardo Pérez de Castinande whose works can still be seen in several manor houses in the municipality, including the Rectoral de Anllo.

San Martiño de Anllo boast a territory that overlooks the Sil Canyon. In the village of Xabrega, the Lugo Provincial Council built a dock which, along with those at Ponte do Sil and Abeleda, serves the catamarans and boats navigating the canyon along the River Sil’s calm waters.

This parish as Santo Estevo de Anllo, was home to numerous watermills, powered by the Camilo stream, also known as Xabrega and Riachuelo de los Molinos. Several of these buildings can still be restored.

Additionally, in the villages of Fervenza and Naz, various manor houses bear witness to their noble past; in fact, Naz once served as the seat of the municipal authorities.

This parish is home to Sober town centre. It is predominantly of recent construction and serves as its commercial and administrative hub. Most essential services are concentrated here, including the town hall, medical and community centres, school and a variety of local businesses from banks and pharmacies to traditional, bakeries and restaurants, among others.

In his book Descripción del término municipal de Sober, Enrique Fernández Llano mentions that the parish once held a manorial house with a heraldic coat of arms featuring a lion set upon an irregular field. Due to its proximity to the Palace-Fortress of the López de Lemos, Lords of Pantón and Sober, the parish’s history has been closely tied to that noble family.

The 1905 Geographical‑Historical Monograph of Galicia records that this parish has twelve mineral-rich springs. Part of the parish is bordered by the River Sil, whose banks were once home to numerous albarizas, which were circular or oval stone structures built to protect beehives from wild animals, primarily bears.

In the early 1940s, amid the Second World War, Barantes hosted a military detachment in the schoolhouse.

According to the historian Germán Vázquez, the 17th-century master sculptor Gregorio Blanco was born in this parish. Blanco was commissioned by the Bernardine nuns of Ferreira de Pantón to build the altarpiece for their convent’s main chapel.

Nesta parroquia encóntranse dous dos  miradoiros sobre os canóns do Sil que existen no municipio. A súa igrexa, de orixe románica, foi totalmente reconstruída no século XVIII.

Esta parroquia ten un solo moi rico o que favoreceu un importante desenvolvemento da agricultura e da gandería, como pon de manifesto o feito de que se encontre aquí a maior concentración de hórreos do municipio, sobre todo no pobo coñecido como O Piñeiro. En tempos foi importante a produción de seda.

Tamén foi e é terra de augardenteiros.

Bolmente ten unha das maiores áreas de monte común poboado, cun total de 220 hectáreas ocupadas por piñeiro pinastra. Pola contra, dos antigos soutos de castiñeiros apenas queda o recordo.

Esta parroquia situada ó leste do municipio, nun rechán e rodeada polas parroquias de Doade, Bulso e Gundivós, foi tamén zona de muíños ó amparo do arroio de Sante.

Á xente de Santa Cruz correspóndelle o honor de lograr mante-la da banda de música, destacando como artífice do mesmo Sergio Rodríguez.

Bulso foi sempre unha parroquia eminentemente agrícola. Á súa lama acudían e seguen acudindo os oleiros de Gundivós para extrae-lo barro que, xunto co que levan de Figueiroá, lles serve de materia prima.

No nomenclátor do ano 1940 figura Bulso como lugar onde existiu unha torre-fortaleza e aínda que non queda sinal dela si hai unha casa coñecida como a Casa da Torre.

Canaval está situada á marxe esquerda do río Cabe. Esta parroquia foi tradicionalmente a máis industrial do municipio, debido en parte á existencia dunha estación de ferrocarril e á abundancia de barrais que aportaron abundante materia prima ás tres cerámicas que existiron nesta localidade. A última desapareceu no nadal de 1994.

A súa igrexa aparece relacionada co mosteiro de San Pedro de Valverde no século XII, máis tarde coa Orde do Temple e posteriormente coa Casa de Lemos. O edificio, de planta rectangular, con ábsida tamén rectangular e sancristía pegada pola cara norte, foi restaurado no século XVIII. Da anterior igrexa románica quedan algúns restos, tanto no interior como na fachada principal.

Nos arredores do pobo de Campo Rairo houbo un campamento romano que controlaba a entrada ó Val de Lemos.

Doade é unha parroquia eminentemente vinícola, pertence á subzona de Amandi. É a máis grande e a máis oriental das parroquias do municipio de Sober, tamén a máis afastada da capitalidade aínda que está moi ben comunicada con esta. A estrada LU-601 cruza este municipio unindo Monforte con Castro Caldelas.

Por aquí pasou na época dos romanos a Vía Nova, que unía Braga con Astorga, tal como relata Germán Vázquez: “entre los caminos accesorios, la existencia de uno entre Castro Caldelas a Praesidium, centro de la gran arteria estratégica o Vía Nova de Braga a Astorga, hacia Monforte, después de pasar el Sil por la Barca de Paradela”. Esta ponte, hoxe sepultada polas augas do encoro de Santo Estevo, xa figuraba nas notas de Plinio e Ptolomeo sobre Gallaecia. Dicir, por último, que parte desta vía romana aínda se conserva.

A presenza dos celtas nesta parroquia queda tamén constatada coa existencia de numerosos castros, outeiros e croas.

Tamén se conserva o edificio dun priorado. Desta parroquia é oriúnda a familia Martínez-Anido, ligada durante moito tempo á política española.

Figueiroá está intimamente ligada á parroquia de Gundivós, á que lle proporciona a maioría do barro utilizado na oleiría daquel pobo.

Os amantes da historia poderán ver nesta parroquia unha medorra e os petróglifos dos Cótaros.

Tamén se conservan en bo estado os muíños de auga, movidos no seu día polo arroio de Pousavedra.

Tal vez sexa esta a parroquia máis coñecida fóra das fronteiras municipais. O mérito débeselles ós oleiros que aínda hoxe traballan nela. Quen se acerque a Gundivós poderá ve-los talleres dos oleiros, os típicos fornos nos que cocen as súas pezas, e comprar algunha destas pezas.

No lugar de Seoane existe un castro. Ten uns accesos moi difíciles e a vexetación dificulta a súa visión.

No pequeno pórtico lateral que ten a igrexa pola ala norte, hai un ara romana coa inscrición LVGBO ARQUIENB CAIVS IVLIVS HISPANVS V.S.L.M. Conta a tradición que este monolito foi traído das ruínas dunha capela que noutros tempos existía no monte de San Roque.

Seguindo coa igrexa parroquial gustaríame apuntar un dito popular segundo o cal o tanguido da campá di claramente “vale quen ten”.

Enrique Fernández Llano afirma que nesta parroquia se plantaron os primeiros piñeiros do municipio de Sober.

Os apreciados viños Amandi que se colleitan tamén nesta parroquia e as fermosas vistas sobre o río Sil serían un motivo suficiente para visitar este lugar, no que ademais atoparemos importantes obras arquitectónicas.

A igrexa de Lobios é unha interesante mostra do románico rural, con elementos de transición e oxivais. A súa construción data do século XIII. A sancristía, sen embargo, é posterior e a espadana é barroca, do 1806. Os materiais empregados na súa construción son perpiaños de granito moi regulares.

Antes desta igrexa había un mosteiro visigodo do século X. Actualmente o topónimo mosteiro consérvase aínda nun barrio desta parroquia.

Moi pretiño da igrexa está a capela da Raíña dos Anxos. Esta capela está ligada a unha fermosa lenda. Segundo conta esta unha moza do lugar rouboulle unha cadea de ouro a una moura, esta inmediatamente se transformou en serpe. A rapaza, que lle ía escapando, ó pasar por diante da capela encomendouse á Virxe e a serpe adquiriu de novo a figura humana.

Entre a igrexa e a capela hai un interesante cruceiro á marxe dereita da estrada que une a capital do municipio con Doade.

Millán é terra de roscas e lendas. Unha destas lendas dinos que as lexións romanas viñan curarse á fonte de Fonterdá, á que se lle atribúen poderes medicinais, especialmente os males relacionados coa dixestión. Ós nenos do veciño pobo de Francos, na parroquia de Proendos, advertíaselles do perigo de ir ata esta fonte xa que nela habitaba o sacaúntos.

A auga da fonte do Cura é boa para evita-la dor de moas. Ademais perdura a crenza de que na Pena de Belán estivo oculta Santa Polonia, en tempos da invasión bárbara.

Con respecto ás roscas, hai que destacar que foron famosas en toda a comarca, os artesáns de Millán vendíanas directamente polas festas, feiras e romarías dos distintos pobos. Na actualidade só existe un rosqueiro nesta parroquia.

Esta parroquia está nun val e crúzaa o río Neiras ou Fervedón. Limita co municipio de Monforte polo norte e o leste.

É unha zona eminentemente agrícola, gandeira e forestal. Por esta parroquia, así como pola de Refoxo e a de Canaval, pasaba o teleférico que transportaba o mineral das minas de Freixo ata a estación de Ferrocarril de Canaval. Actualmente aínda se conservan as columnas que soportaban o tendido eléctrico.

No lugar da Devesa existe un recuncho pintoresco, protagonizado polo regato e a edificación dun muíño que hoxe se utiliza como carpintería.

A vila de Pinol aparece a comezos do século XI, dependendo ata o século XV do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Máis tarde esta parroquia foi beneficio da Casa de Lemos, desempeñando incluso o Gran Rodrigo de Castro, comoe procurador, o cargo de párroco da mesma.

Unha vez máis atopámonos na zona dos Amandi, colleitados fundamentalmente nos lugares de Chanteiro e A Barca de Sampil. Na ribeira continúa existindo ademais unha gran cantidade de árbores autóctonas e herbas aromáticas e medicinais.

Esta parroquia alberga o santuario da Nosa Señora a Santísima Virxe de Cadeiras, construído no século XVIII e que cada oito de setembro convértese en lugar de peregrinación, debido ós milagres que se lle atribúen a esta advocación da Virxe.

Como dato curioso, Enrique Fernández Llano destaca que a maior distancia da provincia de Lugo, de norte a sur, é entre a illa Coelleira e o Monte de Cadeiras.

A igrexa parroquial de Pinol é un edificio románico construído, segundo parece, a comezos do século XIII. A sancristía pegada ó ángulo esquerdo é posterior.

Atopámonos na parroquia de maior interese histórico dentro do municipio. Linda coa de Sober. Presenta un territorio practicamente chan sendo A Peniña-Mer o lugar máis elevado, con 492 metros sobre o nivel do mar. O punto máis baixo, de 432 metros, sitúase en Outeiro.

Ó redor da igrexa parroquial asentábase a cidade de Proencia. A maioría dos historiadores atribúenlle unha orixe romana, aínda que hai quen defende que a súa orixe é sueva.

Constantemente aparecen restos deste antigo poboado. Os de maior interese arqueolóxico descubríronse no ano 1945, nesa ocasión atopouse unha tumba, un esqueleto, dúas campás e outros obxectos de bronce e cerámica que foron depositados no Museo Provincial de Lugo.

En estudios posteriores no ano 2020 lógrase por en valor o primeiro Horreum con muros paralelos de Galicia que forma parte dunha vila do Alto Imperio cun un edificio central e diferentes estructuras agrícolas asociadas cuxos restos síguense a excavar actualmente moi preto deste horreum.

Pódense ver ademais varios petróglifos entre os que destacan os da finca O Xestal, tamén nas proximidades da igrexa parroquial. A importancia destes xacementos radica, xunto co seu valor intrínseco, na súa localización, moi oriental, afastada do foco principal de gravados rupestres en Galicia, que se sitúa na provincia de Pontevedra.

Polo que respecta á igrexa parroquial, o edificio actual levántase sobre a primitiva fábrica románica, da que aínda se conservan algúns restos, que datan probablemente da segunda metade do século XII. No seu interior consérvanse interesantes pinturas murais.

Ademais das distintas casas brasonadas que se poden ver nesta parroquia destaca a Casa-Palacio que no ano 740 mandou construír Lope López de Lemos y Sober, que foi señor de Ferreira de Pantón e Sober. Hoxe en día o edificio está en ruínas, só permanecen en pé as fachadas exteriores e parte do tellado. Nos seus muros consérvase o escudo familiar que deu orixe ó escudo do municipio de Sober.

Nesta parroquia, no lugar de Sober o Vello, permanecían as dependencias municipais ata que foron tranladadas á localidade de Berea (hoxe coñecida xa como Sober).

Parroquia situada entre as de Proendos, Arroxo, Canaval, Gundivós e Neirás.

A igrexa está situada no lugar coñecido como O Burato, de grande interese paisaxístico.
Esta fegresía xa se mencionaba nun documento público datado no ano 1128 onde o rei don Alfonso e a raíña dona Urraca lle fixeron a mercé das Sinecuras (cargo ou emprego retribuído que non dá traballo ou moi pouco) de Santo Estevo de Refoxo a D. Alonso López de Sober y Lemos.

Do lugar de Pousada foron naturais os irmáns plebiscitarios Manuel e Victoriano Álvarez Fernández. O primeiro ocupou durante moito tempo o cargo de capelán e confesor da raíña Cristina, o segundo foi capelán da Mariña. Tamén a estes irmáns, especialmente a Manuel Álvarez, se lles debe a construción da estrada entre Monforte e Sober.

A parroquia de Rosende experimentou un gran desenvolvemento nos últimos anos, ó converterse en sede da fundación Belarmino Fernández Iglesias.

A fundación Belarmiro Fernández está asentada na Casa de Ribas, de cuxo avoengo nos falan os brasóns e escudos que ostenta. Ó abeiro da mesma funciona desde o curso 1997-1998 unha escola de hostalería.

Además de esta escuela de hostelería, la fundación también tuvo instalaciones deportivas con piscinas y pistas de tenis, a las que tuvo acceso el público en general hasta la construcción de las actuales instalaciones municipales con lo cual las de la fundación dejaron de estar en uso.

Merecen tamén unha visita a igrexa e a casa rectoral, tipo mosteiro ou priorado.

Rosende é unha zona vinícola incluída na denominación de orixe da Ribeira Sacra, na subzona de Ribeiras do Miño. Nesta parroquia celébrase a festividade de San Miguel. Nos últimos anos trasladouse a festividade do mes de setembro ó mes de agosto por motivos climatolóxicos.

Vilaescura está bañada polo Cabe, río que entra no municipio por Canaval e percorre, ademais destas dúas parroquias, as parroquias de Rosende e Santo Estevo de Anllo onde desemboca.

No lugar de Vilaescura atópase un castro, situado sobre o punto de ruptura da pendente que marca o inicio do Canón do río Cabe, nunha propiedade privada.

Tanto este xacemento como o seu entorno encóntranse baixo unha agradable carballeira, que facilita o paseo ata o lugar desde a igrexa con vistas do río Cabe, unha zona de extraordinaria beleza.

Hai que dicir, sen embargo, que boa parte das estruturas pétreas deste castro están desmanteladas.

Vilaescura está bañada polo Cabe, río que entra no municipio por Canaval e percorre, ademais destas dúas parroquias, as parroquias de Rosende e Santo Estevo de Anllo onde desemboca.

No lugar de Vilaescura atópase un castro, situado sobre o punto de ruptura da pendente que marca o inicio do Canón do río Cabe, nunha propiedade privada.

Tanto este xacemento como o seu entorno encóntranse baixo unha agradable carballeira, que facilita o paseo ata o lugar desde a igrexa con vistas do río Cabe, unha zona de extraordinaria beleza.

Hai que dicir, sen embargo, que boa parte das estruturas pétreas deste castro están desmanteladas.

close-link
close-link